Torta de amorodos, nata e chocolate

Detalles

Racións

6 persoas

Tempo

45 minutos

Ingredientes

  • 400 ml de nata para montar

  • 1 culler de azucre

  • marmelada de amorodo

  • 500 g de amorodos

  • Para o biscoito:
  • 4 ovos

  • 120 g de azucre

  • 120 g de fariña

  • Para a cobertura:
  • 70 g de chocolate para fundir (cacao 75%)

  • MOLDE
  • Desmontable de 23 cm de diámetro

Pasos

  • Batemos os ovos co azucre cun batedor de globo eléctrico durante varios minutos, até que que se aclaren e queden espumosos.
  • Engadimos a fariña tamizada pouco a pouco e imos mesturando ben con movementos envolventes até ter unha masa uniforme. Botamos a masa nun molde con papel para forno por abaixo e metémolo no forno, que previamente quentamos a 170 grados, durante 15 minutos até que estea listo.
  • Sacámolo e deixámolo arrefríar. Unha vez frío cortamos o biscoito pola metada cun coitelo de serra.
  • Para o recheo:
  • Imos batendo a nata cun batedor de globo eléctrico, comezando a potencia baixa e subindo pouco a pouco, cando comece a montar engadimos o azucre e seguimos batendo até que estea lista.
  • Montaxe:
  • Lavamos e cortamos os amorodos en láminas.
  • Sobre a base do biscoito colocamos unha capa de amorodos, unha capa de marmelada e unha última capa de nata. Finalmente colocamos a outra metade do biscoito por enriba.
  • Cortamos o chocolate en anacos e fundímolo pouco a pouco no microondas a baixa potencia, remexendo de vez en cando para que non se queime.
  • Mesturamos o chocolate fundido coa nata restante e cubrimos todo o biscoito con ela.
  • Por último lavamos uns amorodos e colocámolos no centro da torta para decorar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *