Torrada de aguacate con ovo escalfado

Detalles

Racións

2 racións

Tempo

15 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 2 rebandas de pan de molde

  • 1 aguacate grande

  • 2 ovos

  • 4 tomates cherry

  • 1 chorriño de zume
    de lima ou limón

Pasos

  • Torramos as rebandas de pan nunha torradora.
  • Abrimos o aguacate pola metade, tiramos o oso e sacamos cunha culler a carne. Botámola nun cunco e pisámolo cun garfo, engadímoslle un chorriño de zume de limón ou de lima para que non se oxide e un chisco de sal.
  • Para facer os ovos escalfados hai moitas técnicas, a máis sinxela é empregar un coador. É moi importante que os ovos estean ben frescos para que queden ben. En primeiro lugar poñemos o coador sobre un vaso ou outro recipiente e cascamos o ovo nel, deixamos un anaco para quitarlle a auga.
  • Poñemos nun cazo ou nunha pota abundante auga a quencer, sen que chegue nunca a ferver. Cando a auga estea ben quente, uns 80 graos, sumerximos o ovo con cuidado na auga pero sen tocar o fondo. Deixámolo 3 ou 4 minutos até que calle a clara, a continuación sacámolo da auga e cunha culler retirámolo do coador. Repetimos o proceso para facer o outro.
  • Untamos o aguacate sobre as torradas, colocamos enriba o ovo e os tomates cereixa cortados pola metade. Moemos pementa negra sobre a torrada e servimos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *