Tiramisú de framboesas

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

30 minutos

Ingredientes

  • 5 biscoitos de soleta

  • 250 g de queixo mascarpone

  • 2 ovos pequenos

  • 40 g de azucre

  • 250 g de framboesas

  • leite

  • MOLDE
  • 4 vasiños de chato

Pasos

  • Separamos as xemas das claras e reservamos as xemas. Montamos as claras cun batedor de globo, comezando a baixa potencia e subindo pouco a pouco até que estean ben montadas.
  • Noutro cunco á parte batemos as xemas co azucre durante uns 5 minutos até que branqueen as xemas.
  • Remexemos ben o queixo e integramos cunha lingua as xemas co azucre e as claras montadas. Remexemos con movementos envolventes para evitar que se desmonten as claras.
  • Emborrachamos os biscoitos no leite e colocamos na base de 4 vasiños de chato.
  • A continuación engadimos unha capa da crema, colocamos sobre esta outra capa de framboesas e repetimos o proceso, colocando outra capa de crema e outra de final de framboesas.