Salpicón de marisco

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

20 minutos

Ingredientes

  • 8 lagostinos

  • 1 pata polbo cocido

  • 1 kg de mexilóns

  • 1 dente de allo

  • 1 ceboliña

  • 1 pemento verde grande

  • 1 pemento vermello grande

  • 1 tomate maduro grande

  • 1 culler de vinagre

  • 1/2 vaso de aceite de oliva

  • sal e pementa negra

Pasos

  • Cocemos os lagostinos, pelámolos e cortámolos en anacos. Cortamos tamén a pata de polbo en toros.
  • Abrimos os mexilóns nunha pota cun pouco de auga e sal. Agardamos a que arrefríen un pouco sacámoslles as cunchas.
  • Picamos os pementos e a cebola en brunoise. Picamos tamén o tomate en taquiños pequenos.
  • Nun cunco mesturamos o vinagre, o aceite e o allo picado ben fino. Integramos cun garfo até ter unha mestura homoxénea.
  • Mesturamos todos os ingredientes, botámoslles a vinagreta, sal e pementa negra moída. Remexemos todo até que estea ben mesturado.
  • Gardamos na neveira e servimos ben fresquiño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *