Salmón en papillote con verduras

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

45 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 2 toros de salmón

  • 2 cenorias

  • ½ pemento verde

  • ½ pemento vermello

  • 2 patacas

  • 2 cebolas

  • pementa negra moída

  • 1 rama de romeu

  • tomiño

  • papel de aluminio

  • 1 chorriño de viño branco

Pasos

  • Pelamos as patacas e as cebolas e cortámolas en láminas finas. Cortamos os pementos e as cenorias á xuliana de xeito que non queden moi grosos. 
  • Imos cociñar o salmón en paquetes feitos con papel de aluminio, un para cada toro de salmón. Para isto cortamos un anaco de papel de aluminio duns 60 cm de longo e dobrámolo ao medio, marcando as dúas metades. No centro dunha das metades, colocamos unha cama de pataca e cebola deixando libre os bordos e botámoslle un pouco de sal.
  • A continuación poñemos enriba o salmón e aderezámolo con sal, pementa moída e tomiño. Por último engadimos a cenoria, os pementos e o romeu e botámoslle un chorriño de viño. Para pechar o envoltorio dobramos a outra metade sobre a primeira e nas beiras facemos 4 ou 5 dobreces sobre si mesmas para que non escape o vapor. Repetimos o proceso co outro toro.
  • Prequentamos o forno a 200 graos e cando estea temperado metemos os paquetes co salmón e as verduras con coidado de que non se rompan, deixámolos durante 20 ou 25 minutos e sacámolos.
  • Agardamos un anaco e abrimos con precaución para non queimarnos cos vapores. Servimos o salmón sobre as patacas e coas verduras de gornición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *