Pastel de cabaciña e chapata

Detalles

Racións

6 persoas

Tempo

90 minutos

Ingredientes

  • 1 barra chapata (500 g)

  • 200 ml leite

  • 200 ml de nata para cociñar

  • 2 dentes de allo

  • 6 ovos

  • 1 culler de comiño

  • 80 g de queixo parmesano relado

  • 1 cabaciña grande (450 g)

  • 25 g de alfábega fresca e
    algunha folla para decorar

  • aceite de oliva

  • sal e pementa negra moída

  • MOLDE
  • Bandexa para forno de 20 x 25 cm

Pasos

  • Quitamos a cortiza do pan e cortamos a rafa en anacos non moi grandes.
  • Batimos un pouco os ovos, esmagamos os allos e cortamos as follas de alfábega. Reservamos por separado.
  • Relamos a cabaciña con un relador groso e reservamos.
  • Nun cunco mediano mesturamos o pan, o leite e a nata. Tapamos e deixamos repousar uns 30 minutos para que o pan se enchoupe ben.
  • Noutro cunco grande botamos os allos, os ovos, o comiño, 50 g de queixo e un pouco de sal e pementa. Remexemos todo e engadimos o pan co líquido que sobrara. Engadimos tamén a alfábega e a cabaciña e mesturamos con cuidado.
  • Untamos un pouco a bandexa con aceite de oliva e metémola no forno, que previamente quentamos a 180 graos, durante 5 minutos. Con cuidado de non queimarnos sacamos a bandexa do forno e botamos a mestura de cabaciña co resto de ingredientes. Nivelamos a superficie e metémola no forno durante 20 minutos máis ou menos.
  • Engadimos o queixo sobrante por enriba do pastel e voltamos metelo ao forno, durante outros 20 ou 25 minutos até que calle de todo e se doure un pouco por enriba. Podemos picar cun pauiño e comprobar se sae seco para saber que xa está pronto.
  • Deixamos repousar 5 minutos e servimos cunhas follas de alfábega por enriba.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *