Ovos benedictinos con bacon

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

30 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • Bacon

  • 2 rebandas de pan de molde

  • 2 ovos frescos

  • Para a salsa holandesa:
  • 2 xemas de ovo

  • 1 culler de zume de limón

  • 1/2 culler de auga fría

  • 75 g de manteiga

  • sal

Pasos

  • Torramos o pan nunha torradora eléctrica ou na tixola. Fritimos o bacon nunha tixola.
  • Para facer os ovos escalfados hai moitas técnicas, a máis sinxela é empregar un coador. É moi importante que os ovos estean moi frescos para que queden ben. En primeiro lugar poñemos o coador sobre un vaso ou outro recipiente e cascamos o ovo nel, deixamos un anaco para quitarlle a auga da clara.
  • Poñemos nun cazo ou nunha pota pequena abundante auga a quencer, sen que chegue nunca a ferver. Cando a auga estea ben quente, uns 80 graos, sumerximos o ovo con cuidado na auga pero sen tocar o fondo. Deixámolo 3 ou 4 minutos até que calle a clara, a continuación sacámolo da auga e cunha culler retirámolo do coador. Repetimos o proceso para facer o outro.
  • Para a salsa holandesa:
  • Cortamos a manteiga en anacos pequenos.
  • Sen poñer ao lume aínda, botamos nun cazo as xemas, o limón, a auga e un chisco de sal. Remexemos cun batedor de globo.
  • Poñemos o cazo ao lume, ao mínimo, e engadimos un anacao de manteiga. Cando comece a derreterse mesturamos co batedor de globo e seguimos engadindo a manteiga pouco a pouco até que estea toda.
  • Seguimo batindo, sen que suba a temperatura. Apartamos de cando en vez do lume e batemos enérxicamente.
  • Cando comece a espesar subimos un pouco a temperatura e seguimos batendo até que se forme unha crema consistente. Reservamos sen que chegue a arrefríar para que non se solidifique a manteiga.
  • Colocamos o bacon sobre o pan e enriba o ovo escalfado. Botamos o mollo sobreeles e botámoslle pementa moída por enriba. Podemos decorar con ceboliño cortado tamén.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *