Musaka

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

60 minutos

Ingredientes

  • 2 berenxenas

  • 400 g de carne de tenreira picada

  • 1 cebola

  • 2 cenorias

  • 3 tomates maduros

  • 1/2 vaso viño tinto

  • tomiño seco,
    pementa negra moída e sal

  • Para a bechamel:
  • 50 g de fariña de trigo

  • 50 g de manteiga

  • 500 ml de leite

  • 60 g de queixo relado

Pasos

  • Lavamos as berenxenas e cortámolas en láminas finas, idealmente empregando unha mandolina.
  • Botámoslles sal por enriba e colocámolas sobre papel absorbente para quitarlles o amargor.
  • Picamos a cebola e as cenorias en brunoise, picamos tamén o allo en anaquiños e reservamos.
  • Rustrimos a lume baixo as verduriñas cun pouco de aceite durante uns 15 minutos.
  • Salpimentamos a carne e engadímola ás verduras, dourámola durante uns minutos a lume medio.
  • Engadimos o tomiño e os tomates, pelados e cortados en anacos. Cociñamos a fogo medio durante 20 minutos. Pasado este tempo engadimos o vaso de viño e deixamos outros 10 minutos remexendo de cando en vez. Cando estea lista retiramos do lume e reservamos.
  • Para a bechamel:
  • Derretemos a manteiga nun cazo e engadimos a fariña. Cociñamos durante 5 minutos remexendo cunha culler de madeira para que non sei queime. É importante cociñar ben a fariña para que non saiba a fariña crúa.
  • Quentamos un pouco o leite para que estea morno e engadímolo pouco a pouco á fariña remenxendo constantemente cun batedor de globo. Seguimos remexendo até que espese e reservamos. Botámoslle sal e pementa ao gusto.
  • Montaxe:
  • Colocamos unha capa de berenxena, unha capa de carne e a continuación outra capa de berenxenas, esmagando para que quede ben compacta. Cubrimos coa bechamel por enriba e botamos o queixo relado sobre ela.
  • Metemos no forno, que previamente quentamos a 160 graos, durante 20 minutos. A continuación encendemos o grill do forno e deixamos outros 3 minutos á maxima potencia para gratinar.
  • Servimos quente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *