Escalivada con anchoas e galletas Mariñeiras

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

90 minutos

Ingredientes

  • 2 berenxenas

  • 2 pementos vermellos

  • 1 cebola

  • aceite de oliva

  • anchoas

  • galletas Mariñeiras

  • sal en escamas

Pasos

  • Lavamos as berenxenas e os pementos e tiramos a pel de fora das cebolas.
  • Quentamos o forno a 150 graos. Nunha bandexa para forno poñemos a cebola, os pementos e as berenxenas enteiras. A continuación botámoslles un pouco de aceite de oliva por enriba, estendéndoo ben coas mans por toda a súa superficie.
  • Cando o forno acade a temperatura metemos a bandexa e deixamos durante 75 minutos máis ou menos. Durante ese tempo temos que virar as verduras unha ou duas veces para que non se queimen.
  • Sacamos do forno e deixamos que arrefríen, reservamos o zume que ficou na bandexa. Despois pelamos as berenxenas e os pementos e tamén gardamos o zume que solten ao pelalas. Cortamos a cebola en tiras, desfiamos cun garfo as berenxenas e os pementos e mesturamos co zume que soltaron.
  • Finalmente servimos sobre as Mariñeiras un pouco de berenxena, pemento e cebola e unha anchoa. Botámoslle sal en escamas por enriba e un pouco do zume das propias verduras. Se queremos podemos botar un chorriño de aceite por enriba tamén.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *