Crema Pasteleira

Detalles

Tempo

15 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 500 ml de leite

  • 3 xemas e 1 ovo

  • 30 g de maicena

  • 75 g de azucre

  • 1 rama de canela

Pasos

  • Reservamos a metade do leite e a outra metade poñémola nun cazo coa rama de canela. Deixamos a fogo medio até que ferva para que se infusione coa canela. Remexemos de cando en vez.
  • No leite que previamente reservamos imos botando a maicena pouco a pouco e mesturando ben cada vez que botamos. Isto é moi importante facelo aos poucos para evitar grumos.
  • Batemos á parte o azucre cos ovos e engadímos todo ao leite frio coa maicena.
  • Unha vez esté infusionado o leite do cazo, botamoslle un chisco de leite quente á outra mestura e remexemos. De seguida botamos o resto do leite quente, mesturamos un pouco e vertemos de novo todo xunto no cazo a lume baixo.
  • Remexemos constantemente con un batedor de varas até que espese e retiramos do lume. Deixamos arrefriar un pouco.