Doces

Doces

Vasiños de Tiramisú

O tiramisú é unha sobremesa italiana que conquistou o mundo enteiro. Trátase dunha receita moi sinxela e vistosa feita con queixo mascarpone e biscoitos emborrachados. Nós empregamos biscoitos comprados porque o resultado é semellante e axilizan o traballo, pero tamén podemos facelos nós mesmos. Neste caso fixemos pequenos tiramisús pero poderíase facer todo xunto nunha bandexa […]

Doces

Pastel Vasco

 O Pastel Vasco é unha sobremesa orixinaria de Iparralde, o País Vasco Francés, e estendeuse ata o sur por Navarra e Euskadi chegando a ser super popular en todo Euskal Herria. O recheo adoita ser de crema ou de froitas.

Doces

Goxua

O goxua é unha lambonada moi famosa no País Vasco, goxua en euskera significa doce ou que está bo. Esta lambetada faise en tres capas: unha base de nata montada, a continuación unha capa de biscoito borracho en almibre e unha última de crema que se acaramela cun soprete. É unha auténtica bomba pero como […]

Doces

Mini Carolinas de Bilbao

As Carolinas son un doce típico de Bilbao e son tan rechamantes que protagonizan os escaparates de todas as pastelarías da cidade. Na base levan un pasteliño de arroz e cóbrese con merengue italiano por enriba, ademais o merengue decórase cun baño de chocolate e xema de ovo. Aínda que os pasteis levan o arroz […]

Doces

As natillas de Marisilvi

As natillas ou crema de ovo é unha das sobremesas máis populares, pero non adoitamos facela na casa. Esta é a receita que nos fai a nosa amiga Marisilvi sempre que pode. É unha receita sinxela, rápida e ben saborosa, unha vez que a probedes non volveredes mercalas nunca máis.