Biscoito de mazá especiado

Detalles

Racións

6 persoas

Tempo

90 minutos

Ingredientes

  • Para a masa:
  • 3 ovos grandes

  • 130 g de manteiga
    à temperatura ambiente

  • 300 g de fariña de trigo

  • 200 g de nata aceda
    ou iogur natural

  • 150 g de azucre 

  • 1 culleriña de sal

  • 6 g de lévedo en pó

  • Para a cobertura:
  • 3 mazás verdes

  • 1 culler de canela en pó

  • 1 culleriña de xenxibre en pó

  • 100 g de azucre moreno

  • MOLDE
  • Redondo desmontábel
    de 23 cm de diámetro

Pasos

  • Batimos lixeiramente os ovos e cortamos en cubiños a manteiga.
  • Mesturamos cun batedor eléctrico de globo o azucre e a manteiga durante varios minutos até obter unha crema clara e esponxosa. Engadimos os ovos e batemos até que se integren na masa.
  • A continuación tamizamos a fariña co lévedo e o sal e engadímola aos ovos pouco a pouco intercalando coa nata aceda.
  • Cando teñamos todos os ingredientes remexemos até que a masa estea homoxénea e botamos nun molde redondo desmontable duns 23 cm de diámetro.
  • Quentamos o forno a 160 graos e mentras cortamos as mazás en medias lúas de 1,5 cm de grosor. Reservamos.
  • Mesturamos nun cunco á parte o azucre moreno coa canela e o xenxibre e botamos nel as mazás, remexemos ben para que se impregnen e colocámolas sobre o biscoito.
  • Metemos no forno durante 60 minutos até que o biscoito estea cociñado e a superficie de mazás semelle dourada e crocante.
  • Sacamos do forno e deixamos repousar media hora antes de desmoldar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *