Biscoito de laranxa confeitada

Detalles

Racións

6 persoas

Tempo

45 minutos

Ingredientes

  • Para as laranxas:
  • 2 laranxas

  • 250 ml de auga

  • 150 g de azucre branco

  • 50 g de azucre moreno

  • Para o biscoito:
  • 150 g de fariña de trigo

  • 150 g de manteiga
    (á temperatura ambiente)

  • 150 g de azucre moreno

  • 2 ovos

  • 2 culleriñas de fermento en pó

  • 25 g de xenxigre fresco

  • 3 culleriñas de canela en pó

  • ½ culleriña de sal

  • MOLDE
  • Molde desmontábel
    de 23 cm de diámetro

Pasos

  • En primeiro lugar lavamos ben as laranxas e cortámolas en toros finos duns 3 ou 4 mm, se é coa axuda dunha mandolina mellor. Nunha pota botamos a auga e os azucres e poñémola ao lume até que ferva, despois baixamos o lume e engadimos as laranxas. Deixamos uns 30 minutos a fogo baixo-medio, é importante que se cociñen pero que non se desfagan. Reservamos todo. 
  • Nun cunco mesturamos a fariña peneirada, co lévedo e o sal e reservamos. Noutro cunco á parte batemos cun batedor eléctrico de globo a manteiga co azucre até que fique unha crema uniforme. É moi importante que a manteiga estea a temperatura ambiente, en pomada. Engadimos os ovos, o xenxibre relado e a canela e mesturamos todo ben. A continuación engadimos a fariña pouco a pouco mentras batemos até obter unha mestura homoxénea.
  • Imos empregar un molde para o forno, desmontable e con 23 cm de diámetro máis ou menos. Untámolo un pouco con manteiga e cubrímolo con papel de forno. Cubrimos o fondo do molde coas laranxas e botamos un pouco do almibre por enriba delas.
  • Botamos a masa do biscoito por enriba, alisámola e metémolo no forno, que previamente quentamos a 180º. Deixamos 30 minutos máis ou menos, podemos picalo cun espeto no medio e se sae seco estará listo. Retiramos do forno e deixamos uns minutos antes de desmoldalo.
  • Para desmoldalo dámoslle a volta para que fiquen as laranxas á vista, é importante facelo antes de que arrefríe de todo para que sexa máis sinxelo. Á hora de servilo podemos botarlle un chisco do almibre restante por enriba. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *