Alcachofas con xamón curado e salsa de San Simón

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

45 minutos

Ingredientes

  • 75 g de xamón curado en tacos

  • 6 alcachofas
    ou corazóns de alcachofa
    en conserva

  • 200 ml de nata para cociñar

  • 125 g de queixo San Simón

  • 4 allos

Pasos

  • Se empregamos alcachofas en conserva, saltamos este paso.
    Quitamos o talo das alcachofas e lavámolas sen retirar ningunha folla. Cocémolas en abundante auga durante 30 minutos aproximadamente até que estean brandas. Agardamos a que arrefríen un pouco, cortamoslles a punta e retiramos as follas superficiais até obter os corazóns das alcachofas.
  • Nunha tixola cun chorriño de aceite confitamos os allos a lume moi baixo durante uns 10 minutos.
  • Retiramos os allos, e dámoslle un golpe de calor ao xamón e a continuación salteamos as alcachofas neste mesmo aceite. Retirámos o xamón e as alcachofas e reservámolos. Na mesma tixola botamos a nata e o queixo en anacos, remexemos até que espese, obtendo unha salsa homoxénea.
  • Servimos os corazóns das alcachofas co mollo de queixo e cos taquiños de xamón curado por enriba.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *